CRTVG

Buscar

A OMS pide impulsar a vacinación ante o incremento de contaxios

Publicado o 31/08/2021 08:18

A OMS amosou este luns a súa preocupación polo aumento de contaxios de coronavirus este luns. Máis da metade dos estados da zona europea da OMS rexistraron unha suba da incidencia a 14 días e nalgúns incrementaron tamén os ingresos hospitalarios e os falecementos.

A OMS atribúe esta suba á variante delta, máis contaxiosa, á relaxación das restricións e ás viaxes. Preocupa tamén o baixo índice de vacinación entre os grupos proritarios nalgúns países. No continente europeo notificáronse 64 millóns de casos desde o inicio da pandemia e 1.300.000 mortes.


 

Noticias web

31/08/2021