A OMS cre que o coronavirus pasou dos morcegos aos humanos a través doutro animal
Publicado o 30/03/2021 12:27

A Organización Mundial da Saúde presenta hoxe, oficialmente, o seu informe sobre a orixe do coronavirus.
A misión que investigou na China o inicio do virus defende, como teoría máis probable, que pasase dos morcegos aos humanos a través doutro animal, segundo o borrador do informe ao que tiveron acceso varios medios.
Con todo, na propia OMS recoñecen que é moi difícil detallar a orixe precisa dunha enfermidade, que tampouco se coñece noutros casos, coma a sida.