A OMS bautiza o coronavirus como Covid-19
Publicado o 11/02/2020 18:05
O coronavirus de Wuhan xa ten nome oficial. Desde agora chámase Covid-19, un nome que nace de unir a expresión "enfermidade do coronavirus" en inglés. A OMS decidiu usar este nome por ser fácil de pronunciar e non aludir a ningunha localización xeográfica, animal ou grupo de persoas. O Covid-19 xa causou a morte de 1.016 enfermos entre os 42.000 contaxiados. As cidades chinesas, en especial Wuhan, continúan case paralizadas, con moi pouca xente e automóbiles nas rúas.