CRTVG

Buscar

A OMS advírtelles aos países dos efectos negativos dunha saída prematura das medidas

Publicado o 28/04/2020 08:52

Como Pepiño Grilo con Pinocho, a OMS segue co seu labor de conciencia mundial e recomenda a contención ante as ansias de desescalada.

"A pandemia está lonxe de acabar, repito, lonxe de acabar".

Acostumados como nos ten ás frases contundentes, Tedros Adhanom, o director xeral da OMS, inistía en que seguen preocupados pola tendencia da epidemia en África, Europa do Leste, América Latina e algúns países asiáticos por mor da escasa capacidade para facer probas.

Por iso, a recomedación é a mesma de todos estes días: confinamento.

"O peche prevé que o virus atope novas vítimas", insisten desde a OMS para engadir que, levantando a presión antes de tempo, o virus pode rebrotar e non sabemos cales poden ser as medidas que se poderían tomar nun futuro para saír da pandemia.

Noticias web

28/04/2020