CRTVG

Buscar

A OMS advirte do risco alto da terceira onda da pandemia en Europa

Publicado o 16/12/2020 15:22

A oficina para Europa da OMS advirte de que esa terceira onda podería chegar nos primeiros meses do 2021, se non se toman medidas. Por iso, o organismo recomenda que nas reunións familiares deste Nadal usemos a máscara, manteñamos a distancia de seguridade e ventilemos os espazos.

Cre que deberiamos reducir os encontros ao menor número de persoas posibles e evitar aglomeracións. Por iso, propón que se reduzan ou se apracen celebracións relixiosas e tamén mercados de Nadal.

Noticias web

16/12/2020