CRTVG

Buscar

A OMS advirte de repuntas pola volta ás aulas

Publicado o 27/08/2020 20:40
A OMS advirte de repuntas pola volta ás aulas

A volta ás aulas sumada ao inicio da campaña da gripe poden facer que a pandemia se agrave no outono, e aumentar as hospitalizacións, segundo a Organización Mundial da Saúde. Por iso, pide que se garanta a vacinación dos grupos de risco, e que se extreme a vixilancia.

A OMS tamén advirte do aumento de afectados pola covid-19 entre a mocidade. Con todo, a OMS defende que Europa non está nunha situación semellante á do inicio da pandemia.

Noticias web

27/08/2020