CRTVG

Buscar

A ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo fai 80 anos

Publicado o 09/09/2018 15:16

Mondoñedo celebra a festa da súa patroa, a Virxe dos Remedios. Acolle tamén a ofrenda dos antigos partidos xudiciais da diocese de Mondoñedo e Ferrol.

Pouco antes do comezo da ofrenda dos concellos que antigamente eran cabeceira de partido xudicial da diocese de Mondoñedo Ferrol, o bispo lembraba a importancia desta tradición, que se celebra desde hai oitenta anos. 

De seguido, a comitiva de autoridades achegábase ao templo para honrar á patroa. A ofrenda este ano correu a cargo do alcalde de Ortigueira, aínda que realmente era a quenda do de Ferrol, que hai tres anos que non asiste ao acto. Juan Penabad pedía intelixencia política para resolver os problemas da poboación e para actuar en beneficio de todos. 

Ademais dos representantes dos antigos concellos do partido xudicial da diocese tamén asistiron á ofrenda o presidente do Parlamento e a conselleira de Medio Rural, entre outras autoridades. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2018