CRTVG

Buscar

A Oficina do Peregrino abre as súas portas o próximo mercores 1 de xullo

Publicado o 28/06/2020 21:31

A partir do próximo mércores ábrese oficialmente o Camiño de Santiago e con el a Oficina do Peregrino, que é a encargada de dar as acreditacións a quen percorre a Ruta Xacobea.

Aínda que non estivo totalmente pechada, a Oficina do Peregrino retoma a atención presencial para aqueles camiñantes que completen cando menos os 100 quilómetros que lles sirvan para recibir a compostela.

Durante os tres meses que durou o estado de alarma tan só houbo 243 solicitudes que se tramitaron telematicamente despois de que os peregrinos deixaran as súas credenciais na caixa de correos habilitada a tal efecto.

Noticias web

28/06/2020