CRTVG

Buscar

A odisea para volver á casa dos 200 galegos que foron traballar a Israel

Publicado o 19/06/2020 14:05

Cansos despois da viaxe dende Israel e de 6 semanas de traballo. Así chegaban ao aeroporto de Lavacolla os preto de 200 galegos que participaron alí na construción dun oleoduto.

Antes de saír, o pasado mes de maio, tiveron que estar varios días illados en hoteis ata ter os resultados que confirmaban que estaban libres de coronavirus.

Os protocolos de seguridade continuaron durante a viaxe e o traballo a bordo deste buque, que por primeira vez os viñera buscar a Vigo para evitar escalas en aeroportos e riscos de contaxios.

Traballan para unha empresa holandesa especializada en construcións submariñas que buscou máis persoal galego para este proxecto ante a situación da pandemia noutros países e as dificultades para viaxar. Agora, tócalles descanso na casa ata a próxima viaxe.

Noticias web

19/06/2020