CRTVG

Buscar

As voltas diarias para chegar ao traballo: a odisea cotiá para ir a Portugal

Publicado o 10/06/2020 13:28

Había tempo que circular nas beiras do Miño entre Galicia e Portugal, territorio natural de convivencia e de intercambio, non era tan complicado. A pandemia que limitou os movementos e restituíu os controis policiais na raia ten consecuencias na vida e no traballo de milleiros de veciños.

Celso Martínez é un deles. Para este empresario guardés saír cada día cara ao seu negocio de flores en Vilanova de Cerveira supón dar un rodeo quilométrico. O percorrido cotiá de 15 quilómetros convírtese en 40 porque a ponte de Goián, en Tomiño, está pechada.

Contando que fai este camiño polo menos catro veces ao día, os gastos de transporte de Celso aumentaron considerablemente no estado de alarma.

O que antes lle levaba quince minutos en coche, agora por Tui é unha hora, e iso, sempre e cando non haxa atasco polo único paso habilitado na provincia de Pontevedra para unha área de 150.000 habitantes.

Os gobernos dos dous países estableceron a data do 1 de xullo para a reposición dos pasos fronteirizos, aínda que pode variar en función do avance da pandemia.

Noticias web

10/06/2020