CRTVG

Buscar

A ocupación nas Cíes mantense alta este mes de setembro

Publicado o 14/09/2018 15:16

Precisamente este tempo de pleno verán que estamos gozando segue enchendo de visitantes as illas Cíes, que durante todos os días do mes pasado de agosto penduraron o cartel de completo. E este setembro non queda atrás, para mañá sábado non hai billetes.

87.000 persoas uniron vacacións, sol e Cíes no mes de agosto, mes en que se acadou a cota de visitas, a razón de 2.000, todos os días.

Na tranquila temporada baixa parecería máis fácil conseguir os billetes pero o bo tempo que tanto nos acompaña este mes de setembro anima as visitas ata o punto de que para a xornada do sábado xa non hai billetes dispoñibles. 

O completo nas Cíes derivou este verán moitos pasaxeiros cara a outros arquipélagos do parque. En xeral, as demais illas aumentaron a súa afluencia de público, sobre todo Sálvora nun 91%.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018