A ocupación na última semana de agosto é do 70% no sur de Galicia
Moitos viaxeiros despedirán o verán dende Galicia, a ocupación no sur da comunidade para esta última fin de semana de agosto supera o 70 por cento e algúns establecementos mesmo colgarán o cartel de completo.
Din os hostaleiros que, por exemplo, en Pontevedra traballouse ben o mes de agosto, cos bares e restaurantes cheos ao que permitían as restricions e cos hoteis rozando a plena ocupación.
Din ademais que cando o tempo non acompaña moito para a praia, énchense as cidades, así que en xeral fan un bo balance deste veran. Houbo sobre todo turismo galego, de España e de Portugal, e din que tamen se notou o tirón do ano Xacobeo.
Agosto pecha como arrancaba cunha ocupación por riba do 75 por cento, rozando o completo en moitos establecementos.
Galicia volve situarse como un dos destinos vacacionais preferidos. O volume de viaxeiros que nos visitaron superou todas as expectativas do sector.