CRTVG

Buscar

A ocupación hoteleira en Galicia non supera o 10 % nas cidades

Publicado o 26/03/2021 20:54

Datos moi malos. Dende o sector din que non poden cualificarse doutro xeito. Melloran por suposto os do ano pasado en pleno confinamento, pero en moitos lugares non se chega nin ao 10% de ocupación. Algo mellor, coma sempre, estan as cousas na costa e sobre nas Rías Baixas. Sanxenxo ou O Grove agardan máis xente a pesar de posibles restricións adicionais respecto doutros lugares. Tamén na Costa da Morte, se o tempo acompaña, poderían mellorarse a media das previsións. En todo caso hai que ter en conta que arredor dun 80% dos establecementos, xa sexan hoteis ou casas rurais están pechados polo que temos un exceso de demanda fronte a unha oferta limitada o que fai que sexa difícil reservar.

Non será como hai un ano pero de novo esta campaña de Semana Santa tan importante para o castigado sector turístico será mala. Dependente únicamente do turismo interior polo peche da comunidade algúns a cualifican mesmo de perdida sobre todo nas cidades.

Os poucos que están abertos, sobre todo na costa e en función da climatoloxía teran mellores datos... pero non son moitos os que arriscarán pola situación actual.

Sexa como sexa semella que haberá un exceso de demanda para a curta oferta e o sector encoméndase a vacinación e as axudas públicas para salvar o verán e a subsistencia dos propios negocios.

Noticias web

26/03/2021