CRTVG

Buscar

A ocupación hoteleira situouse en Galicia entre o 55% e o 65% esta Semana Santa

Publicado o 05/04/2021 20:52

O tempo inestable e as restricións rebaixaron as expectativas deste arranque da temporada turística. A media de ocupación estivo por debaixo do 65 %, e iso que só abriu o 25 % dos hoteis.

Das 9.000 prazas hoteleiras rexistradas aquí, en Sanxenxo, nesta Semana Santa só estiveron dispoñibles 1.500. Co 25 % dos establecementos abertos, a ocupación media non chegou ao 50 % nesta vila eminentemente turística.

Son datos publicados polo Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo. Nesta Semana Santa, os maiores rexistros acadáronse na Ribeira Sacra e na Costa da Morte.

Aínda que as cifras distan moito dun ano normal, os 3.500 visitantes das Cíes e os 1.300 das Ons revalidan o atractivo do Parque das Illas Atlánticas tamén para os viaxeiros galegos.

Noticias web

05/04/2021