CRTVG

Buscar

A ocupación hoteleira roza o 80% e moitos escollen pasar a ponte no balneario

Publicado o 12/10/2018 20:44

Paraugas e chuvasqueiros. Son os protagonistas nas rúas de Santiago, no inicio da ponte do Pilar, unha das preferidas polo turista nacional para facer unha escapada.

A chuvia e os refachos de vento tampouco eran de axuda para as moitas persoas que facían cola ás portas da catedral.

O sector hostaleiro mantén unhas boas previsións para toda a ponte. Agárdase unha alta ocupación en hoteis, hostais e pensións, especialmente na zona histórica.

Din os hostaleiros que o mes de outubro, habitualmente o primeiro da temporada baixa, está sendo este ano aceptable, debido en gran medida á celebración de varios congresos que tamén traerán un alto número de visitantes á cidade.

Erguerse contemplando unha paisaxe única ao carón do Miño, no corazón do Ribeiro.

E para eliminar tensións nada mellor que mergullarse en augas termais.

Unha opción boa, estea o tempo que estea, para descansar, pero tamén para coñecer a riqueza patrimonial e natural que temos ao noso redor.

A metade das reservas realizaonse no últimos quince días. Os que optan por un balneario para pasar estes días son maioritarimante de Galicia e das provincias limítrofes.

Poucos días pero ben aproveitados para afrontar con forza a recta final do ano.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2018