CRTVG

Buscar

A ocupacion hoteleira é do 81% en Santiago durante a ponte das Letras Galegas

Publicado o 16/05/2019 14:16

A ocupación hoteleira de Santiago é do 81% durante a ponte das Letras Galegas. Son, como mínimo, seis puntos porcentuais máis da que se rexistraría nunha ponte en maio se non celebrase o Congreso de Medicina de Familia.

"Estariamos arredor do 70 ou 75 por cento, mais ou menos. Maio é un mes bo. A partir de Semana Santa empeza o movemento, empezan a chegar os peregrinos. Se ademais de todo isto, se lle engade un congreso, pois claro, a cidade nótao e os establecementos tamén, claro", di Sara Santos, presidenta da Asociación de Hostaleiros de Santiago.

Segundo a Asociación de Hostaleiros, este ano está a haber moitos congresos, e aínda que non todos son tan numerosos coma este, están a favorecer tanto o sector coma o comercio e a cidade en xeral.

Noticias web

16/05/2019