CRTVG

Buscar

A ocupación de vivendas baleiras preocupa os veciños do barrio coruñés dos Mallos

Publicado o 19/09/2019 14:43

A última casa asaltada está da avenida de Arteixo. A súa propietaria está hospitalizada e os ocupantes ilegais aproveitaron esta circunstancia. Porén foron vistos por varios veciños, que alertaron os seus familiares.

O caso é que, en cuestión de horas, a casa volvía estar ocupada.

Os veciños din estar preocupados. Contan que neste treito hai varias casas baleiras e temen que corran igual sorte.

Agora a Policía Nacional é quen se encarga de investigar as ocupacións ilegais neste barrio dos Mallos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/09/2019