CRTVG

Buscar

A OCU pide eliminar os beneficios extraordinarios da enerxía nuclear e hidroeléctrica

Publicado o 30/08/2021 10:49

• O voceiro Enrique García di que non está claro que a creación dunha empresa pública vaia reducir a factura da luz

Denuncian a situación da continua suba do prezo da luz en agosto

Enrique García, voceiro da OCU, asegura de que a solución para frear a escalada do prezo da luz pasa "por eliminar os beneficios extradoirdinarios que teñen a enerxía nuclear e hidroeléctica a costa dos consumidores e por unha maior transparencia". Di que hai fórmulas como compensacións ou impostos cos que se pode actuar sen modificar o sistema de fixación de prezos como pide Bruxelas.

O Goberno ten previsto reducir a parte fixa da factura da luz en catro ou cinco anos, pero os consumidores "precisamos que se faga de forma immediata". García tamén pide eliminar o imposto de electricidade para baixar o prezo da luz. 

O voceiro da OCU di que creación dunha empresa pública non reduciría a factura da luz de xeito inmediato e será complexo. "Non se sabe que papel tería esa empresa pública", di. 

"Só un de catro consumidores entende a diferenza entre o mercado libre e o regulado", sinala. "A competencia non é real".

"Competencia non deu os nomes das empresas que agocharon subas na nova factura da luz", denuncia. "Hai que mellorar a transparencia". 

"Este mes de agosto será o da factura da luz máis alta da historia con 76,6 euros, soben o prezo dos carburantes e estas subas están empezando a repercutir noutros bens", advirte. 

 

Noticias web

30/08/2021