CRTVG

Buscar

A OCU anima a reclamar por vía xudicial as indemnizacións pola folga de Ryanair

Publicado o 09/08/2018 21:08

A organización de consumidores e usuarios anima os afectados pola folga de Ryanair dos pasados 25 e 26 de xullo, que reclamen as indemnizacións por vía xudicial. E esíxelle ao Ministerio de Fomento que sancione á compañía para evitar que lle saia máis barato incumprir a normativa que facerlle fronte ás súas obrigas.

A Organización de consumidores e usuarios decidiu poñer en marcha unha acción xudicial para reclamar, de xeito individual, as indemnizacións ás que teñen dereito os viaxeiros afectados por retrasos ou cancelacións durante as folgas deste verán do persoal de Ryanair. "Vamos esixir o que di a lei, que Ryanair cumpra as súas obrigas e pague unhas compensacións automáticas que van dos 250 euros aos 600 euros en función da duración do vóo por cancelar vóos pola folga".

O primeiro paso é dirixirse á compañía para reclamar a indemnización. Se non prazo dun mes non responde, ou o fai negativamente, o afectado debe dirixirse á Axencia Española de Seguridade aérea, que emitirá un informe, que non é vinculante para Ryanair. Segundo a OCU, a compañía evita compensar aos afectados e espera que se cansen e non reclaman pola vía xudicial. "Animamos a chegar a vía xudicial, é inaceptable que se permita a Ryanair incumprir o regulamento e esiximos a Fomento sancións exemplares!

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/08/2018