A OCU analizou as máscaras que se venden nos supermercados e elixiu as mellores
Publicado o 17/07/2020 17:09
Con calor ou sen ela, temos claro xa que non podemos desfacernos da máscara, que desde agora é obrigatoria en todo momento en Galicia.
Por iso vailles vir moi ben esta información. A OCU analizou as máscaras que se venden nos supermercados e elixiu as mellores.
Entre as non reutilizables, a mellor é a de Mercadona, que ten unha eficacia de filtración do 99% e custa só 60 céntimos.
En segundo lugar, co 98% de filtración sitúanse as máscaras do supermercado Dia.
Pecha a táboa a máscara cirúrxica do supermercado Lidl.
No que respecta ás máscaras reutilizables, a OCU só elixe unha, a do supermercado Consum, que custa un euro e pode lavarse cinco veces.