CRTVG

Buscar

A OCDE rebaixa as previsións para España e alerta sobre a incerteza política

Publicado o 21/11/2019 14:10

A OCDE empeora todas as previsións para España: paro, déficit e crecemento. Calculan que a economía avanzará este 2019 un 2%. E o ano que vén e o seguinte un 1,6. Esa perda de catro décimas situaría España como a economía avanzada, xunto co Xapón, que máis frearía o crecemento en 2020.

Explica a OCDE que está situación se dá nun contexto de desaceleración no ámbito mundial e que España seguirá medrando por riba da media europea. Pero tamén alerta sobre a incerteza política que cren, pode afectar as reformas estruturais necesarias.

A previsión de paro empeórana catro décimas. Cren que a taxa quedará no 14,2 este ano e elevan o déficit dúas décimas respecto ao seu anterior cálculo ata 2,2.

Este informe coincide con outro do BBVA, que tamén prevé un crecemento dun 2% este ano e alerta de que o paro podería subir nestes últimos meses unhas décimas, o que suporía a primeira suba trimestral dende 2013.

Noticias web

21/11/2019