CRTVG

Buscar

A OCDE mellora a previsión de crecemento para España e elévao ata o 5,7 % en 2021

Publicado o 09/03/2021 20:41
A OCDE mellora a previsión de crecemento para España e elévao ata o 5,7 % en 2021

A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico, a OCDE, mellora as previsión de crecemento para España.

Calcula que a economía española medrará en 2021 un 5,7 %, sete décimas máis que o que prognosticaba hai tres meses. Para o ano que vén a perspectiva é dun crecemento do 4,8 %, oito décimas máis que o que estimaban en decembro.

Con esta revisión á alza, o noso país medraría por riba do conxunto da zona euro e o ano que vén, a de España sería a cuarta economía do G-20 que máis medraría.

Noticias web

09/03/2021