CRTVG

Buscar

A OCDE advirte da desaceleración da economía española

Publicado o 09/10/2019 08:24

A economía española xa non vai medrar tanto como nestes últimos anos. A OCDE di que o ritmo de crecemento se debilitou o dobre ca a media dos países da zona euro, segundo o último indicador mensual. Só Alemaña mostra case tanta debilidade.

"Estamos en fase de desaceleración en España e en Galicia partindo dunha situación que era moito mellor ca a dos socios europeos. A nosa taxa de crecemento está caendo e estamos converxendo co que pasa no conxunto da Unión Europea", explica  Santiago Lago, catedrático de Economía da Universidade de Vigo.

Os expertos cren que se vai xerar menos emprego e que o sector público sera o máis prexudicado polos problemas co déficit e a débeda. Pero co sistema financeiro saneado e sen burburlla inmobiliaria non se dan as condicións dos anos da crise.

"Todos confiamos que en calquera caso poidamos fuxir da recesión. Fundamentalmente porque estamos nunha situación estrutural moito mellor, en España e en Galicia.", di Santiago Lago,

A desaceleración podería afectar este ano o 90% dos países do mundo. É o aviso da nova directora xerente do FMI no seu discurso de toma de posesión. Kristalina Georgieva responsabiliza en boa parte as guerras comerciais como a que manteñan Washington e Pequín.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/10/2019