CRTVG

Buscar

A observación do tránsito do planeta Mercurio

Publicado o 11/11/2019 20:43

Ocorre unha decena de veces en cada século, e hoxe foi unha delas. O planeta Mercurio púxose esta tarde diante do Sol e os afeccionados á astronomía sacaron os seus telescopios á rúa para compartir este espectáculo astronómico.

Aí vai Mercurio. Para os romanos, era o deus do comercio, dos faladores e, tamén, dos ladróns. O planeta máis pequeno do sistema solar plantouse, por unhas horas, diante do Sol. 

O fenómeno astronómico, semellante a un eclipse de lúa, acontece unhas poucas veces cada século, por iso os amantes do cosmos aproveitan para sacar os seus telescopios á rúa. Xa que Mercurio é tan pequeno e está tan lonxe da terra, cómpre observalo con todas as garantías.

Mercurio volverá pasear diante do Sol aló por novembro de 2032.

Noticias web

11/11/2019