CRTVG

Buscar

A obesidade aumenta o risco de complicacións en infectados polo coronavirus

Publicado o 28/08/2020 14:42

Os endocrinólogos insisten: o exceso de peso pode agravar as infeccións por coronavirus. Os factores son varios, empezando pola diminución da capacidade pulmonar.

Pero o virus non só afecta os pulmóns, e se hai diabetes e hipertensión, factores que se adoitan asociar á obesidade, poden aumentar as complicacións noutros órganos. Ademais, as persoas con exceso de peso teñen a resposta inmunolóxica alterada.

O virus emprega unha molécula para entrar nas céculas que pode estar modificada e a grasa actuaría como reservorio do virus, afirma a doutora Irene Bretón, presidenta da Sociedade Española de Endocrinoloxía.

As complicacións derivadas da obesidade en enfermos con covid-19 afectan maiores, pero tamén mozos, que poden necesitar tratamentos máis intensivos ou mesmo ingresos na UCI.

Noticias web

28/08/2020