CRTVG

Buscar

A nube de dióxido de xofre pasou xa o territorio galego e evita unha chuvia ácida

Publicado o 19/10/2021 14:39

EFE / Miguel Calero

O seguimento que fai a Rede de Calidade do Aire de Meteogalicia confirma a evolución prevista da nube de gas cargada de dióxido de xofre que os refachos de vento do sur foron lanzando cara ao litoral atlántico da península. O núcleo máis intenso desa masa de gases do volcán da Palma pasou Galicia durante a noite e esta mañá e segue a súa deriva cara ao leste.

Ana Lage, Meteogalicia: "Iríase movendo cara a Asturias, Cantabria, Castela-León e a últimas horas da tarde xa estaría fóra da Península Ibérica".

En ningún momento se detectaron elementos que puidesen afectar a calidade do aire en capas moi baixas, a menos de dous metros sobre o nivel do chan. E tamén queda totalmente descartada a posibilidade dunha chuvia ácida grazas á confluencia de tempo seco durante o paso da masa de aire volcánico.

Ana Lage, Meteogalicia: "A chuvia viría durante a noite do martes ao mércores, cando a nube de xofre estaría xa fóra da Península Ibérica".

Noticias web

19/10/2021