CRTVG

Buscar

A nova sentenza do Supremo impide desafiuzar con menos de 12 cotas impagadas

Publicado o 11/09/2019 21:09

Os tribunais non admitirán desafiuzamentos con menos de 12 meses de impago da hipoteca. O Tribunal Supremo, aplicando unha sentenza do Tribunal Europeo de Xustiza, acordou que a nova lei hipotecaria española, aprobada en maio, se estenda aos contratos asinados antes da entrada en vigor desa lei. Na practica supón que os bancos só poderán pedir o desafiuzamento dos hipotecados se levan máis de 12 meses sen pagar. Ata o de agora eran á cuarta cota impagada.

"É unha sentenza moi interesante e non só para as futuras hipotecas, porque xa quedan agora freados todos os desafiuzamentos que están agora en marcha que non supoñan un non pagamento de máis de doce anualidades, que son o 99 por cento. Adicae xa denunciaramos as clásusulas abusivas, as cláusulas de vencemento anticipado das hipotecas xa que provocaron ata uns 80.000 desafiuzamentos en España anualmente", Luís Blasco, vicepresidente da Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros, Adicae, en Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/09/2019