CRTVG

Buscar

A nova realidade para os extranxeiros que viven no reino Unido

Publicado o 01/02/2020 21:39

Por diante quedan meses de negociacións para coñecer como vai ser a nova relación entre o Reino Unido e a Unión Europea. Meses que se prevén de moita incerteza para os galegos residentes alí. 

Se saimos á rúa podemos pensar que todo segue igual ca onte. E falando cos galegos que levan media vida aqui tamén podemos ter esa sensación, pero todos saben que as cousas van mudar en cuestión de meses. O proxecto europeo escenifica estes días unha fragmentación de consecuencias que non semppre son previsibles. 

Ana Cristina leva ano e medio traballando no sector da hostalaría en Londres. Vén da Ponte Ulla. Nicolás e Rogelio levan cincuenta anos no Reino Unido. Eran uns nenos nos anos sesenta. Son dúas realidades distintas ás que o brexit lles afectará de modo distinto.

Rogelio Loureda, que deixou A Coruña con 9 anos di que  pensa que o problema vai ser para a xente que leva no Reino Unido menos de  cinco anos. Exp`lica que xa lle lo explicaron  ben claro: serán necesarios ao menos cinco anos para que o país aproben a estancia dun cidadán extranxeiro.

Nicolás Miño, que é residente desde hai 50 anos cre que se vai voltar ao mesmo que sucedía hai moitos anos cando eran catro anos o que tiñan estipulado para que unha persoa fora libre no país. Engade que o queren estender ata os cinco anos. El pensa que a xente terá que ir ao reino Unido con permiso de traballo de antemán.

Ana Cristina Covas, que leva tan só ano e medio en Londres explica á TVG que a súa terra é a súa terra e que sempre a  bota de menos, pero que non pensa en volver traballar a Galicia se a nova situación do brexit llo permite. Di que  non lle apetece demasiado, porque se traballa mellor en Londres.

Os galegos do Reino Unido, nove mil sen contar os seus descendentes, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística, igual que os estranxeiros doutras nacionalidades saben que os máis prexudicados son os que levan menos tempo no país. Queda todo un ano, ata fins do 2020, para coñecer as novas regras, para a xente e para as mercadorías.

Así que hoxe, 1 de febreiro, non existe diferenza respecto do día de onte por exemplo en Dover, o porto máis próximo a Europa, a 44 quilómetros de Calais, en Francia. Tampouco para os pasaxeiros que neste primerio día fóra de Europa están usando o ferry ou o Eurostar baixo o canal da Manga.

Noticias web

01/02/2020