CRTVG

Buscar

A nova lei vaticana obriga a denunciar abusos e celeridade nas investigacións

Publicado o 09/05/2019 12:29
A nova lei vaticana obriga a denunciar abusos e celeridade nas investigacións

O papa Francisco asinou unha norma en que se obriga a denunciar calquera suposto abuso sexual ou de poder por parte de un clérigo, establece o procedemento a seguir nas dioceses e esixe celeridade nas investigacións preliminares.

O "motu proprio" ou documento de Francisco chamado 'Vos estis lux mundi' (Vós sodes a luz do mundo) e publicado hoxe tamén esixe a todas as dioceses do mundo a creación antes de xuño de 2020 dun sistema accesible a cualquera que queira realizar unha denuncia, así como a total protección e asistencia aos denunciantes. 

Esta nova le é unha das "propostas concretas" prometidas polo Papa para erradicar a praga dos abusos no seo da Igrexa, despois da histórica reunión sobre o tema que se celebrou en febreiro cos representantes de todas as conferencias episcopais.

E vaise aplicar, como reza o artigo 1, a todos os delitos en que "se obrigue a alguén, con violencia ou ameaza ou mediante abuso de autoridade, a realizar ou sufrir actos sexuais; realizar actos sexuais cun menor ou cunha persoa vulnerable; producir, exhibir, ter ou distribuír, incluso por vía telemática, material pornográfico infantil".

Tamén inclúe calquera caso de violencia contra as relixiosas por parte de clérigos, así como o suposto de acoso a seminaristas ou novizos. Así como os delitos de encubrimento, as "accións u omisións dirixidas a interferir ou eludir investigacións civís ou investigacións canónicas, administrativas ou penais".

A nova lei non inclúe novos delitos ou penas, porque para iso xa existen as normativas canónicas, segundo apuntan fontes vaticanas, pero establecen os procedementos que se deben seguir. 

A principal novidade é que os relixiosos teñen a "obriga de informar un bispo ou o superior relixioso" e isto non "interfire nin modifica ningunha outra obriga de informar as autoridades civís competentes".

Outro punto relevante é a protección dos denunciantes e das vítimas que, establece a nova lei, non poden ser obxecto de "prexuízos, represalias ou discriminación", así como ninguén pode impoñerlles a obriga de silencio con respecto ao contido, polo que poden fablar con eles con quen queiran, incluída a prensa.

Ademis, "as autoridades eclesiásticas hanse de comprometer con quen afirman ser afectados, xunto coas súas familias, para que sexan tratados con dignidade e respecto, e deben ofrecerlles, en particular, acollida, escoita e seguimento, incluso mediante servizos específicos; atención espiritual e asistencia médica, terapéutica e psicolóxica, segundo sexa o caso".

Por outra parte, e algo que pediran os bispos de todos os países, establece regras claras sobre o procedemento que se debe seguir en caso de denuncia. As denuncias teñen que ser inmediatamente sinaladas ao bispo ou ao superior da congregación ou orde da diocese, onde se produciron os feitos, pero tamén permítese que se comunique a outros bispos.

Se a persoa sinalada é un bispo ou un cardeal, o informe enviarase ao bispo metropolitano ou ao máis antigo do país e terase que informar urxentemente o dicastero, o ministerio correspondente da Santa Sé, e así mesmo informarase á Secretaría de Estado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí