CRTVG

Buscar

A nova Lei de reactivación económica quere favorecer as iniciativas empresariais e atraer investimentos a Galicia

Publicado o 01/06/2021 15:22

Unha nova cultura de xestión, máis áxil, simple e segura. Son os piares da reactivación económica que demanda o tecido empresarial galego. Un obxectivo que pasa pola simplicación administrativa.

"A ventá administrativa debe funcionar de maneira rápida e efectiva e un sepa os pasos que ten que dar para conseguir o seu obxectivo", asegura Mario Barcenilas, presidente da CEEG.

Esa ventá única é o chamada doing business recollida na nova Lei de reactivación económica que contempla ademais o silencio administrativo positivo, a concesión de licenzas exprés e as sociedades de certificación municipal como garantes de unha maior rapidez e seguridade.

Conseguir que en meses unha iniciativa empresarial pase e todos os trñamites necesarios para facerse realidade é unha das chaves para atraer inversión e facer mái competitivas as empresas.

Din os empresarios que estarán atentos porque a gran proba de fogo para esta nova lei serán os fondos New Generation.

Noticias web

01/06/2021