CRTVG

Buscar

A nova Lei de patrimonio natural contempla sancións de ata dous millóns por causar un incendio

Publicado o 09/05/2019 16:56

• A Xunta mantén conxeladas as taxas universitarias

A nova lei, destaca o presidente, consolida a prevalencia da protección ambiental sobre a ordenación urbanística. Entre as novidades do plan está a creación de microrreservas, para protexer espazos de menos de 20 hectáreas que conteñan hábitat raros ou especies ameazadas, elaborar unha listaxe de especies silvestres ameazadas e endurecer as sancións por danos ao patrimonio natural.

18 millóns para licitar 133 comedores escolares

Co obxectivo de impulsar os hábitos saudables, di Feijóo, a Xunta vai primar á hora de licitar os contratos dos comedores escolares da súa competencia ás empresas que se comprometan a usar nos menús produtos de temporada e lácteos de orixe galega e valorán ademais que a materia prima se compre nos establecementos próximos ao centro. A Consellería de Educación xestiona 133 comedores escolares.

5 millóns para FP dual e conxelación de taxas

Na súa reunión semanal, o Goberno tamén lles deu o visto e prace a outros dous asuntos en materia de educación. Vai investir cinco millóns de euros nun Plan de dinamización da FP dual co fin de aumentar a matrícula un 40% nos próximos anos e anuncia que van conxelar por noveno ano consecutivo as taxas universitarias.

A Xunta destaca que grazas a esta medida Galicia será a comunidade cos prezos máis baratos para facer un grao ou un máster obrigatorio para exercer algunhas profesións.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/05/2019