CRTVG

Buscar

A Revista FDS

A Guía Repsol 2018 distingue 25 restaurantes galegos con símbolos de calidade e vangarda

Publicado o 13/01/2018 13:32



25 restaurantes galegos contan cos SOLES, cos que a Guía Repsol recoñece a excelencia. Unha guía que se presenta cun formato renovado na súa edición para 2018. Amais dos habituais contidos para planificar as nosas viaxes por estrada, agora abrangue outros aspectos que poden enriquecer a nosa experiencia.










Parte fundamental do atractivo desta guía son os seus exhaustivos e detallados mapas. Pero agora ofrece nova información sobre rutas turísticas e gastronómicas para gozar máis intensamente non só do destino elixido, senón tamén da travesía.







Entre esas motivacións para a viaxe está a gastronomía. Cada día é máis crecente o turismo gastronómico e de aí que nos fixemos máis nas súas recomendacións culinarias.



Os prestixiosos Soles que outorga a Guía Repsol recoñecen os cociñeiros e cociñeiras máis relevantes, arriscados, respectuosos coa materia prima e sen medo a innovar.
Nesta edición de 2018 son 25 os restaurantes galegos recoñecidos con esta distinción.
O pontevedrés Pepe Solla mantén o recoñecemento de maior prestixio, novamente acada os Tres Soles.






Pronto as lucirán, entre outros, os responsables do Alborada, O Retiro da Costiña, o Culler de Pau, o Galileo ou Nito...
alá onde os SOLES Repsol marquen o punto de parada ao viaxeiro que busca cociña galega de calidade e vangarda.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista FDS

13/01/2018