CRTVG

Buscar

A nova estratexia galega de doenzas raras prevé mellorar a atención de pacientes

Publicado o 25/06/2021 22:11

A nova estratexia galega de enfermidades raras prevé un perfeccionamento dos circuítos de derivación no Servizo Galego de Saúde, así como a asignación de persoal de referencia para evitar que os pacientes se sintan orfos na súa atención.

A subdirectora xeral de atención hospitalaria Raquel Vázquez sinala como prioritario "identificar ben os pacientes, deseñar un circuito de atención específico para eles e tamén determinar un profesional responsable de referencia".

A Consellería de Sanidade pretende avanzar cara ao multidisciplinar sumando protocolos e unidades enfocadas ás enfermidades raras, aquelas cunha prevalencia menor de 5 casos por cada 10 mil habitantes e que poden supor perigo de morte ou invalidez crónica. O director xeral de asistencia sanitaria asegura que "neste momento hai identificadas 8000 enfemidades raras e en pouco tempo serán moitas máis". 

As asociacións de pacientes ás que a pandemia complicou aínda máis o seu traballo serán un dos eixes principais da estratexia "temos que esforzarnos en materializar os soños porque neles vainos a vida" asegurou Carmen López, directora sociosanitaria da FEGEREC.

Galicia creará tres unidades multidisciplinares de enfermidades raras nas áreas sanitarias de A Coruña-Cee, Santiago-Barbanza e Vigo.

Noticias web

25/06/2021