CRTVG

Buscar

A nova estación de autobuses de Santiago estará lista para comezos de 2020

Publicado o 11/01/2019 17:20

Dende que empezaron as obras en xullo xa se retirou a antiga fábrica de Koipe e escaváronse 100.000 metros cúbicos de terra. A finais deste mes comezarán coa cimentación da futura estación de autobuses, en que a Xunta inviste doce millóns de euros. Será un edificio de dous andares e 36 dársenas.

Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, apuntou hoxe que esta "é unha infraestrutura importante, demandada e estratéxica para que Santiago estea preparada para a chegada do AVE, para os visitantes do Xacobeo 2021. A principios de 2020 estará totalmente finalizada para ser utilizada pola veciñanza de Santiago".

Ademais de adaptar os accesos, o Concello participa no financiamento dunha pasarela elevada que unirá o barrio da Pontepedriña co ensanche. Da reforma da estación de trens encárgase o ADIF, que xa traballa no proxecto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019