CRTVG

Buscar

Sánchez anuncia que a nova convocatoria dos mir chegará ás 10.000 prazas

Publicado o 13/11/2020 15:17

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou este venres que o Sistema Nacional de Saúde incrementará en 10.001 o número de prazas de mir, enfermería ou farmacia, e que as probas selectivas realizaranse o 27 de marzo de 2021.

Así o avanzou o xefe do Executivo nun acto en Navarra xunto á presidenta da Comunidade Foral, María Chivite, para presentar o seu plan de recuperación económica 'España Pode'.

Durante a súa exposición, explicou que este incremento supoñerá un 3,2 por cento máis de profesionais sanitarios respecto a este ano 2020.

As probas selectivas realizaranse a finais de marzo do ano que vén, concretamente o 27 de marzo, e os novos profesionais sanitarios poderanse incorporar con "varios meses" de antelación ao Sistema Nacional de Saúde, segundo asegurou o propio presidente do Goberno.

Este anuncio de Pedro Sánchez veu prececido por unha crítica aos "anos de redución do persoal sanitario" que, segundo dixo, está a arrastrarse na actualidade durante esta pandemia.

"Somos conscientes do reto que temos en termos de recursos humanos", engadiu antes de facer este anuncio das novas prazas de mir, enfermería ou farmacia.

Noticias web

13/11/2020