A nova cepa fai tremer os mercados: o IBEX 35 rexistra a maior caída en tres meses
Publicado o 21/12/2020 18:59
O temor á que esta nova cepa do coronavirus traia consigo aínda máis restricións deixouse sentir nos mercados europeos. A bolsa española perdeu algo máis do 3%, a maior caída nos últimos 3 meses. Os valores máis castigados foron os ligados ao sector turístico e o bancario. A aeroliña IAG perdeu case un 9% e o Banco Sabadell, preto do 7. No resto do continente, as perdas foron semellantes, froito tamén das incertezas que rodean o brexit.