CRTVG

Buscar

A nova campaña da DXT recomenda non distraer con mensaxes e chamadas os condutores

Publicado o 25/06/2019 08:45

E esta é a última campaña da DXT, que trata de concienciar sobre o uso indebido do WhatsApp mentres conducimos. As distraccións ao volante son xa a primeira causa de accidentes mortais.

O ano pasado, Tráfico puxo 104.000 denuncias por este motivo. Actualmente, a infracción supón unha multa de 200 euros e a retirada de tres puntos, pero o organismo quere modificar a lei para que se retiren seis puntos, e non tres como ata agora.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019