CRTVG

Buscar

As liñas aéreas cancelan 45 voos no Prat, que vai recuperando a normalidade

Publicado o 15/10/2019 21:07

 

As protestas no Prat obrigaron a cancelar 155 voos entre o luns e o martes. En Galicia anuláronse seis conexións con Barcelona.  A primeira hora da tarde deste martes o tráfico aéreo entre o aeroporto catalán e os tres aeroportos galegos quedou normalizado. Os viaxeiros chegaron esgotados tras pasar a noite na terminal tapados con cartóns. Conseguir un hotel foi misión imposible.

"Para chegar ao aeroporto o taxi deixounos na metade do camiño e tivemos que andar non sei cantos quilómetros seguindo toda a multitude", di unha viaxeira afectada polas cancelacións.

"Enganándonos. 'Ides para a terminal 1?, pois ides mal, tedes que ir para alá'. Enganando a todo o mundo", relata outro pasaxeiro ao que lle cancelaron o voo.

"A xente facíanos tapón para que non puidésemos entrar nas colas", "non podías saír, xa non compensaba. Os hoteis estaban completos. Fixemos quince chamadas e os hoteis estaban completos e decidimos quedar".  "Durmimos alí, no chan, pasando frío. Como puidemos estivemos alí", engaden outros tres viaxeiros.

"Tirada en cartóns. A miña nai de 91 anos alí estaba", conta outra afectada polas cancelacións de voos do aeroporto do Prat.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí