CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

A Noitevella marca na Arxentina o comezo das vacacións estivais

Publicado o 31/12/2016 14:58

Na Arxentina, a Noitevella, ademáis de dar paso ó ano novo, marca o inicio das vacacións estivais.
Pero iso non impide que os galegos se reúnan, saúden aos que están lonxe e mesmo aproveiten as novas tecnoloxías para brindar e tocar algunha muiñeira dende a distancia.

Acaba o ano e sucédense ao redor do mundo os bos desexos para 2017.
Antes coas habituais postáis, unha práctica que persiste nos nostálxicos coma Isabel, natural de Malpica de Bergantiños e residente en Bos Aires.
Ela conserva coma un tesouro as cartas que hai décadas se intercambiaba coa súa nai.

Isabel Varela - Galega residente en Bos Aires:
"Toda esa letra e o que transmite a persoa que escribe é un pouco de cariño que nos queremos recibir e que o temos diante de nos como se tivéramos a persoa mesma".

Como cada fin de ano, Isabel acude a brindar polo ano que comeza coa súa outra familia, a que conforma a Federación de Sociedades Galegas da Arxentina.

Paco Lores - Presidente da Federación de Sociedades Galegas da Arxentina:
"Brindamos pola paz no mundo, polos dereitos humanos, pola libertadedos pobos e pola gloriosa Federación de Sociedades Galegas".

Unha oportunidade que, Paco e os seus netos non desperdician para falar coa familia de sangue, a que reside ó outro lado do océano, no Grove, e con quen as novas tecnoloxías tamén lles permiten tocar algunha que outra peza na distancia.

Como ven, en pleno século XXI non hai excusa posible para non pasar a Noitevella en familia.

Sexa cartas ou a través da internet, os galegos de Bos Aires desafían a distancia para desexárlles o mellor os seus seres queridos para este 2017 que comeza.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí