CRTVG

Buscar

A Noiteboa ateiga os mercados galegos

Publicado o 24/12/2020 14:31

Gran afluencia de xente neste mercado da praza de Lugo, na Coruña... e desde ben cedo. "Abrimos ás sete e media da mañá e xa había xente agardando...", di unha vendedora. E tiveron onde escoller, porque daquela os postos estaban cheos de peixes e mariscos.

"Polas nubes...", comenta unha consumidora. Hoxe o que máis subiu foi a centola, o camarón e a cigala, porque non houbo moita. "A centola de 50 para arriba, a cigala a 165 uros o quilo, os percebes e os camaróns chegaron aos 200". "A quen lle guste o santiaguiño que veña porque está moi ben de prezo. Onte o gordo ía a 250 euros e hoxe baixou aos 200", comentan as vendedoras.

Pero os peixes pugnan co marisco na escalada de prezos. "O que máis subiu foi a lubina, cinco euros en quilo. Pero buneo, subiu todo", comenta unha vendedora. Uns prezos que poden dar vertixe, pero... "A xente non se corta. O que quere, mércao sen lle importar o prezo", di unha vendedora. "Eu merquei ameixas...". "Eu levo unha centola de algo máis de dous quilos e paguei 140 euros por ela".

Para algúns son produtos de luxo... para outros, unha tradición destas datas á que non queren renunciar.

Noticias web

24/12/2020