TVG retransmitirá os fogos nun programa especial que comeza ás 22 h
Publicado o 24/07/2019 12:20
É quizáis a noite máis máxica do ano. O resplandor dos fogos do Apóstolo contaxia de festa e ilusión ao resto de Galicia. E aí estarán un ano máis a TVG e a Radio galega para contarlles todos os detalles, con varios puntos de directo xa desde antes de que comece o espectáculo de luz e son.
E moitísima outra xente estará para que todo se cumpra en detalle: máis de cincuenta persoas encargadas de que non haxa erros nos 30 minutos que dura a produción, en que sucederán moitas cousas, con máis forza ca noutros anos.
Esta noite, na Radio galega e na TVG, non o perdan, é puro espectáculo e tradición, no día da gran homenaxe a Galicia.