CRTVG

Buscar

As temperaturas baixan e aparece a neve en plena primavera

Publicado o 11/05/2021 15:05

A caída brusca das temparaturas volveu tinguir de branco os cumios do leste da provincia de Ourense. As folerpas comezaron a callar este luns por riba dos 1.200 metros.

As nevaradas continuaron ao longo da noite cando os termómetros chegaron a rexistrar case tres graos baixo cero tanto no alto de Manzaneda como na Veiga. 

Unha neve de primavera, pouco habitual en maio,  sobre todo tan avanzado o mes, que pouco a pouco irá deixando paso pouco a pouco a chuvia.

Noticias web

11/05/2021