A neve pechou moitas das pistas de Baraxas, deixando atrasos entre Madrid e Galicia
Publicado o 05/02/2018 21:12
O temporal de neve condicionou durante case dúas horas a operatividade do aeroporto madrileño de Baraxas. Pecharon dúas das catro pistas, e por seguridade houbo máis espazo na aterraxe e engalaxe dos avións. Iso repercutiu na cancelación de 42 voos, o desvío de seis máis, e grandes atrasos. Os tres aeroportos galegos sufriron as consecuencias con demoras de entre media e dúas horas nunha decena de enlaces con Madrid.