CRTVG

Buscar

A neve non impide circular polas principais vías de Ourense e Pontevedra

Publicado o 28/10/2018 21:22

Con menos intensidade ca en Lugo pero a neve tamén chegou ás provincias de Ourense e Pontevedra. A comarca do Deza tinguiuse de branco por riba dos 800 metros.

"Foi un pouco de sorpresa, pero parece que baixaron basante as temperaturas".
"Cando a neve cae noutras partes o frío chega aquíí, neve non temos tanta, pero algunha cae".
"Neve hai, eu non pensaba que ía ser tanta. Como hai veces que din que vai vir e despois nunca vén... Pero hoxe neve hai."

Neve hai, pero sen problemas para circular polas principais estradas da rede viaria. Na provincia de Ourense, as folerpas callaron por riba dos 900 metros, só houbo problemas nas estradas secundarias. Segue pechada ao tráfico a vía que comunica os concellos de Xunqueira de Espadanedo e Parada de Sil, e Tráfico recomenda extremar a precaución nesta estrada que vai do Rodicio ao Monte Meda.

"O problema máis gordo é o xeo".

"Nas secundarias estas hai bastante xeo nesta zona do alto do Rodicio e na zona de Manzaneda tamén, no resto das estradas non hai xeo nin hai neve".

Ademais da neve, vento e moita friaxe... As temperaturas baixaron dos cero graos en moitos puntos da provincia de Ourense. A mínima rexistrouse na alta montaña, menos cinco graos e medio en a Veiga e Manzaneda.

"A verdade é que é un tempo estraño, a semana pasada 30 graos practicamente e agora con xeo".

Chegou a invernía e non por estar anunciada deixou de sorprender esta primeira nevarada do outono. E segue o frío, pero a cota de neve irá subindo dos 800 aos 1.200 metros.




 

Noticias web

28/10/2018