CRTVG

Buscar

A neve marca unha xornada moi complicada

Publicado o 09/01/2021 14:19

Ningunha imaxe mellor ca esta,a dos xogadores do Raio, camiño de Miranda de Ebro pra ilustrar as dificultades desta xornada. O Miranés-Raio tiña que xogarse hoxe, pero os do Raio tiveron que dala volta e o partido suspendeuse. Ao igual que o Leganés-Almería e o Alcorcón-Albacete.

Por estrada a viaxe resulta compricada e por aire igual. Sobre todo, se hai que tocar Madrid. Co aeroporto pechado, o avión do Athlétic tivo que dar volta e seu encontro co Atleti ser suspendido.
De feito só houbo un avión que despegou dese aeroporto na noite de onte. O do Real Madrid e tras tres horas e media de espera dentro da aeronave. Os brancos están xa en Pamplona, indignados por unha situación que non garante nin disputa do partido.

Porque segue a nevar e os accesos son perigosos e porque moitos campos están impracticables. Pero a Liga teima, insite en que hai que xogar. Pra esta tarde o Granada-Barça e o Málaga-Oviedo de Segunda non terán dúbida. O do Osasuna-Real Madrid, iso será un problema.


 

Noticias web

09/01/2021