CRTVG

Buscar

A neve en cotas baixas tingue de branco a montaña de Lugo

Publicado o 01/01/2021 14:03

A neve estivo a caer de xeito fino pola noite pero foi a media mañá cando a nevarada se desatou. En só 40 minutos, o manto branco cubriu por completo lugares coma esta parroquia de Cereixal situada a escasos 600 metros de altitude.

O traballo nocturno das quitaneves e o dispositivo despregado ao longo da mañá evitaron complicacións para o tráfico rodado na rede principal pero nas pistas e estradas comarcais si que houbo algún problema. Mesmo na autovía A-6 e na nacional VI se sentiou o efecto da nevarada.

Os veciños agradecen que o ano comece con neve se ben non agardaban que caera tan de súpeto.

Para esta tarde agárdase que empeore a situación e que a neve comece a callar en zonas situadas incluso por baixo dos cincocentos metros.

Ademais, as temperaturas están a ser moi baixas e en toda a montaña o termómetro non subiu dos cero graos en toda a mañá. Non cabe dúbida de que o ano comeza cunha estampa claramente invernal en boa parte da provincia de Lugo.

Noticias web

01/01/2021