CRTVG

Buscar

A neve deixa dúas aldeas illadas en Ourense e problemas de tráfico no alto do Rodicio

Publicado o 05/12/2020 21:17

Tamén en Ourense as intensas nevaradas deixaron complicacións, sobre todo no macizo central. A Garda Civil tivo que cortar o tráfico dende o alto do Couso ata o Rodicio para que as máquinas quitaneves puideran limpar a estrada. Ademais, varias aldeas, polo menos unha no concello de Montederramo e outra en Maceda, quedaron illadas pola neve. Nesta última, ademais, os veciños estaban sen submistración eléctrica. Durante a tarde a cota subiu e a situación foi mellorando, o que levou a moitos a achegarse ás zonas altas para ver a neve ou xogar con ela. 

Noticias web

05/12/2020