CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

'A nena e o grilo nun barquiño', obra de teatro para escolares en Vigo

Publicado o 19/02/2018 14:28

'A nena e o grilo nun barquiño' é unha obra moi famosa de Magín Blanco que agora chega ao teatro, nunha adaptación que combina música e texto no escenario. Ao longo desta semana vana ver milleiros de escolares de Vigo e da comarca, nenos e nenas de entre tres e seis anos. Hoxe acompañámolos na estrea, a eles e aos protagonistas: a nena e o grilo.

400 escolares asistiron á primeira sesión en Vigo da representación teatral 'A nena e o grilo nun barquiño'. Os protagonistas fixeron as delicias dos escolares de educación infantil, que bailaron e cantaron con eles.

A saída escolar enmárcase dentro das actividades educativas para escolares programadas por Afundación para este curso. O obxectivo é achegar os máis pequenos ao teatro.

En total máis de 4.000 alumnos pasarán esta semana polo teatro García Barbón para gozar desta adaptación do famoso libro de Magín Blanco que combina teatro e música no escenario.