CRTVG

Buscar

A nena de 11 anos que deu a luz en Murcia quedou embarazada do seu irmán

Publicado o 05/02/2018 22:57
A nena de 11 anos que deu a luz en Murcia quedou embarazada do seu irmán

 

A nena de 11 anos que deu a luz un bebé en Murcia o pasado venres quedou embarazada do seu irmán de 14 anos, segundo as primeiras investigacións da Policía Nacional, que lles tomou declaración aos familiares e ás persoas da súa contorna.

Fontes policiais informaron de que unha unidade do Grupo de Menores se desprazou á sección materno-infantil do hospital Virxe da Arrixaca, de Murcia, onde permanecen ingresada a nena xunto co seu fillo. A moza, de nacionalidade boliviana, ingresou con fortes dores abdominais e deu a luz un bebé. Ambos se atopan en bo estado de saúde, segundo fontes sanitarias.

Desde o hospital, seguindo o protocolo de actuación, notificaron o sucedido ao xuíz de garda, que hoxe ordenou a investigación ao Corpo Nacional de Policía, que xa obtivo os seus primeiros froitos.

Trátase do segundo caso de embarazo en nenas de pouca idade atendido no hospital público universitario de Murcia en menos dun trimestre, tras o rexistrado a mediados de novembro cando foi asistida unha nena de 12 anos, tamén de orixe suramericana.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/02/2018