CRTVG

Buscar

A negociación da prórroga dos ERTE encara a recta final

Publicado o 28/09/2020 08:31

O próximo mércores remata a prórroga dos ERTE e o Goberno e axentes sociais negocian contra o reloxo un novo acordo.

Aínda que houbo avances nas últimas negociacións, os principais obstáculos seguen a estar nos sectores en que serían de aplicación e tamén nas exoneracións das cotas das empresas á Seguridade Social.

Desde os sindicatos, UXT admitía esta mañá que non se poderá chegar a todos os sectores, aínda que o turísitco parece que será o máis favorecido. Mentres, hostalaría comercio din que, de non haber acordo, poderían pechar entre o 30 e o 50% dos negocios.

 

 

Noticias web

28/09/2020